Os grandes momentos non só quedan marcados pola magnitude dos mesmos senón tamén pola xente que os fai máis especiais aínda cos seus xestos e os seus feitos.
Na tarde deste domingo (pasada por unha gran cantidade de auga e a compaña dun frío xeado), a SD Tordoia, máis concretamente o sénior A masculino, vivía un dos momentos máis importantes da súa historia.
Como era de agardar e así o dabamos por feito, a nosa afección non fallou á cita. Pero ademáis dos nosos habituais, contamos co apoio dos nosos futuros xogador@s; eses nen@s que conforman as Escolas Deportivas O Dolmen, @s cales se citaron en Santaia para acudir en masa, tinguir as bancadas do noso campo de amarelo e negro e animar ao noso sénior A con todas as súas forzas, facéndose notar en todo momento para ser o xogador nº12 xunto co resto de persoas alí presentes, un xesto que nos fai sentir orgullosos e que nos demostra que o futuro futbolístico está asegurado no noso concello.
Momentos coma os de onte, son os que quedan para o recordo e rodeados da nosa xente fan que perduren no tempo e que sexan máis e máis especiais. Agardamos que poidamos vivir moitas máis grandes tardes de fútbol e que os nosos lazos sigan facéndose máis fortes para continuar medrando da man das nosas Escolas Deportivas O Dolmen de Tordoia e por suposto, da nosa xente.
Dende aquí, queremos agradecerlle a toda a familia da SD Tordoia e por suposto, a tod@s es@s cativ@s, nais e pais das Escolas que fixeron aínda máis grande un día tan especial.
Moitas grazas irmáns 💛🖤💛
SonDoTordoia🐝🐝🐝
