Happy Day SDT!!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT»  a Laura García,  interior  do noso equipo Feminino.
Unha xogadora con moi boa técnica que sempre aporta o seu grao de area o equipo, que se asocia moi ben cas súas compañeiras e con moita chegada a portería rival e un disparo letal nos últimos  metros.
¡¡Porque se de unha xogadora top queres un prototipo, tes que conseguir a Laura Garci no teu equipo!!
Parabéns Laura, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Noraboa!!

Dende o clube queremos darlle a noraboa os nosos veteranos por conseguir clasificarse para a fase de ascenso a División de Honor.
A disfrutalo e a por todas!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Partidos!!

Sábado ás 20:00 os nosos Veteranos poden meterse na fase de ascenso se logran puntuar fronte o Villestro no campo Da Barrosa.
Domingo ás 12:00 o noso Feminino xoga no campo da Rega de Cabaleiros fronte o Tomiño, no que será o comezo da segunda fase, o igual que o noso Senior A que ás 17:00 visita o campo Do Pinguel para medirse o Puenteceso.
Pra rematar a velada o Senior B desprázase ata o Novo Campo Milladoiro para xogar contra o Milladoiro.
A por todas!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Happy Day SDT!!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a José Iglesias, directivo do noso clube.
Unha persoa dun corazón enorme, ex-xogador e agora vinculado na directiva axudando nas cantinas e en todo o que faga falta para que nos partidos sempre estea todo ben organizado, por eso non cabe máis que darlle as gracias!!
Parabéns Josi, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Happy Day SDT!!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Sergio Liñares, máis coñecido como Chechu directivo do noso clube.
Unha persoa moi vinculada a nosa entidade, ex-xogador das categorías base que por mor dunha grave lesión decidiu deixar os terreos de xogo e vincularse na directiva. Un home que sempre é a alma da festa, moi pendente de que os nosos xogadores non lle falte de nada e sempre disposto a axudar no que faga falta, e que na actualidade desenvolve a función de tesoreiro da SD, polo que por eso e moito máis non cabe máis que darlle as gracias!!
Parabéns Chechu, disfruta do teu día!!

Gracias!!

Os grandes momentos non só quedan marcados pola magnitude dos mesmos senón tamén pola xente que os fai máis especiais aínda cos seus xestos e os seus feitos.

Na tarde deste domingo (pasada por unha gran cantidade de auga e a compaña dun frío xeado), a SD Tordoia, máis concretamente o sénior A masculino, vivía un dos momentos máis importantes da súa historia.

Como era de agardar e así o dabamos por feito, a nosa afección non fallou á cita. Pero ademáis dos nosos habituais, contamos co apoio dos nosos futuros xogador@s; eses nen@s que conforman as Escolas Deportivas O Dolmen, @s cales se citaron en Santaia para acudir en masa, tinguir as bancadas do noso campo de amarelo e negro e animar ao noso sénior A con todas as súas forzas, facéndose notar en todo momento para ser o xogador nº12 xunto co resto de persoas alí presentes, un xesto que nos fai sentir orgullosos e que nos demostra que o futuro futbolístico está asegurado no noso concello.

Momentos coma os de onte, son os que quedan para o recordo e rodeados da nosa xente fan que perduren no tempo e que sexan máis e máis especiais. Agardamos que poidamos vivir moitas máis grandes tardes de fútbol e que os nosos lazos sigan facéndose máis fortes para continuar medrando da man das nosas Escolas Deportivas O Dolmen de Tordoia e por suposto, da nosa xente.

Dende aquí, queremos agradecerlle a toda a familia da SD Tordoia e por suposto, a tod@s es@s cativ@s, nais e pais das Escolas que fixeron aínda máis grande un día tan especial.

Moitas grazas irmáns 💛🖤💛

SonDoTordoia🐝🐝🐝

Faltounos un gol!!

Pois hoxe non puido ser… a pesares da victoria acadada por 2-0 fronte o Belvís, faltounos un gol para poder pelexar pola fase de ascenso.
Bo partido dos nosos e gran resposta da nosa afición que pese a que o tempo non nos acompañou a resposta da nosa hinchada non defraudou e decidiu alentar os xogadores antes que quedar na casa.
Agradecerlle a tod@s os que hoxe nos visitastes e incluso quedastes despois do partido animando o equipo, e pedirvos que nos sigades acompañando nesta segunda fase que vai ser vital!!
Mil gracias!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝