Partidos deste fin de semana. Sábado os nosos veteranos xogan ás 17:00 no campo da Rega de Cabaleiros contra o Berres. Domingo ás 17:00 o noso Feminino medirase o Tomiño no campo do Alivio, mentres que ás 19:00 o Senior B viaxa ata o campo de Santa Isabel para enfrontarse o Vista Alegre. A por todas!!
Dende o noso clube queremos felicitar a Xián Gesto, natural do noso concello e ex-xogador das nosas categorías base pola súa máis que merecida convocatoria ca selección galega sub16 para o campionato de España de seleccións autonómicas. Noraboa e a disfrutar desta gran experiencia!!
Por unha banda cumple anos Adrián, porteiro do noso Senior B. Un áxil porteiro moi seguro baixo paos, con bos reflexos e rápido nas saidas, case imposible de bater. «Porque a Adrián hai que facerlle un auténtico golazo, para poder bater a este increible porteirazo» Parabéns Adrián, disfruta do teu día!!
E por outra banda cumple anos Miguel, lateral do noso equipo Senior. Un xogador rápido e robusto moi difícil de sobrepasar, sempre atento a calquer posible cobertura e con gran recorrido capaz de poñer un centro medido tras doblar o seu interior. «Porque Miguel defende, rouba e pon o centro, e sempre hai quen o meta para dentro» Parabéns Miguel, disfruta do teu día!!
Dende a SD Tordoia queremos felicitar os nosos veciños da s.d.c. órdenes por unha excelente tempada e un brillante ascenso a Preferente!!! Noraboa e a disfrutalo!!
Este finde xogan todos os nosos equipos. A sesión comeza sábado con dous partidos. O primeiro é o que disputarán os nosos veteranos ás 18:00 no campo de Boiro contra o Barbantia, e ás 18:30 o noso Feminino vistará o campo da Reigosa para xogar contra o Friol B. Domingo ás 12:00 o noso Senior A medirase o Puenteceso no campo de Santaia, mentres que ás 17:00 o Senior B viaxa ata o campo Manuel Regueiro para enfrontarse Sport Estrada, no que será o seu primeiro encontro da fase de ascenso. A por todas!!
Apuntade o día ✍️ 24 de XULLO!!! Vamos volver a xuntarnos e disfrutar da nosa añorada festa d@ soci@.
Un día cheo de diversión, con un xantar a cargo da Pulpeira Guerra, con sorteos e música ata que o corpo aguante. O día siguiente é festivo así que non hai excusas!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Alba Marrozos, interior do noso equipo Feminino. Unha xogadora moi rápida e intensa en defensa que nunca da un balón por perdido, cun gran golpeo de balón e que resulta moi difícil de parar para as defendas rivais. ¡¡Porque é imposible que os rivais teñan calma, cando saben que de interior xoga Alba!! Parabéns Alba, disfruta do teu día!!