Final das competicións!!

A falta do último partido de liga que disputarán este sábado os nosos veteranos podemos dar por rematadas as competicións ligueiras e toca facer balance da tempada dos nosos equipos cun resultado moi positivo.

Tanto os veteranos como o noso Senior B conseguiron meterse na fase de ascenso, o equipo Feminino acadou a permanencia no último partido de liga e seguirá en outro aniño na máxima categoría femenina Galega, mentres que o Senior A estivo a piques de xogar a fase de ascenso que se escapou por un só gol pero tamén mantén a categoría quedando lider do seu grupo de descenso.

Pero non todo rematou porque o Senior A comeza a copa este fin de semana contra o Touro, e na que intentarán facer unha boa competición.

Dar as gracias tanto @s xogadores/as como corpos técnicos e comezar xa a traballar na seguinte campaña!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Partidos!!

Rematan as competición pero non sen antes deixar unha última xornada apaixoante.
Sábado ás 18:00 os veteranos xogan na Rega contra o Barbantia.
Domingo o Senior B viaxa ata o campo de Cadreche para enfrontarse o Puebla B mentres que o noso Femenino recibe na Rega ás 17:00 o Friol B nun partido vital para a permanencia das nosas xogadoras e que só nos serve a victoria polo que animamos a todos os nosos seguidores a que as acompañen neste partido transcendental!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT»  temos de cumpleanos a Brais, porteiro do noso equipo Senior A.
Un gardamallas que non falla un adestramento, áxil baixo paos e con paradas espectaculares que nos fan sumar puntos.
«Porque cando lanzan un tiro imparable, Brais realiza unha parada inmellorable»
Parabéns Brais, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Asamblea!!

Lembrade que hoxe ás 21:00 na casa da cultura haberá unha asamblea para soci@s a que esperamos que asistades. Gracias.

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Sellar a permanencia!!

Este domigo ás 17:00 temos unha cita na Rega para acompañar o noso Feminino que se xoga a permanencia no último partido e que só lle sirve a victoria.
Elas non nos van fallar así que desde fora a afición temos que ser o numero 12 cos nosos ánimos.
Esperamovos a tod@s!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Adrián, máis conocido por Pombo, mediocentro do noso equipo Senior A.
Un xogador con moita calidade técnica e unha gran visión de xogo, capaz de atopar o pase perfecto para deixarte man a man co porteiro, especialista a balón parado e con talento pa definir.
«Porque tanto de xogada como a balón parado, de Pombo sempre terás un pase perfecto asegurado»
Parabéns Pombo, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Asamblea!!

Este venres ás 21:00 na casa da cultura de Cabaleiros terá lugar unha asamblea extraordinaria para tódos aqueles soci@s que poidades asistir.
Non faltedes!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Día do Femenino!!

Unha das páxinas máis brillantes da historia do noso clube escríbese en FEMENINO. Elas son as que levaron o nome de Tordoia fora de Galicia, as que nos regalaron un ascenso «perfecto» contando todos os partidos con victorias, as que demostraron que as finales non só se difrutan ganando… Elas son as que NUNCA SE RENDEN!!!

Día Internacional do Fútbol Femenino!!

#SondoTordoia 🟡⚫🐝