Festa do socio!!

🎉🎉Festa d@ Soci@🎉🎉

Últimas semanas para poder apuntarse e reservar a túa praza e maila d@s acompañantes que queiras invitar!!

Non te perdas a festa deste ano que ademáis coincide co noso 40 aniversario!!!

Haberá sorteos e algunha que outra sorpresiña!!

Anótate no 669144130 ou no 637030168.

Esperamoste!!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝
#40aniversario

Renovacións!!

Seguimos renovando xogadores do noso Senior B, apuntalando a nosa meta con un gran porteiro como Adrián, asegurandonos garra e esforzo con Pablo e renovando talento e calidade no centro do campo con Álvaro.
Gracias por continuar con nos!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Colaborador!!

Hoxe na sección «THANK YOU SPONSOR» queremos agradecer a colaboración co noso clube do Bar Calviño, situado na Pontepedra, Tordoia.
Local de cafetería onde poder tomar un café ou té tranquilamente oudisfrutar duns viños, cervezas ou refrescos mentres xogas a partida. Tamén teñen sellado de loterías e apostas do estado.
«Porque no Bar Calviño podes tomar a túa bebida, mentras compras un boleto ou xogas a partida»

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Fichaxe!!!

🚨🐝✍️ FICHAXE ✍️🐝🚨

Alejandro Costa Fraga (08/05/2001), Ordes.

Alex é un centrocampista que chega da S.D. Órdenes ainda que nas categorías inferiores tamén militou en equipos como o Oroso ou o Deportivo.
Un xogador con moito talento e calidade, que non lle queima o balón nos pés e cunha gran visión de xogo e  fantástico golpeo, que recibimos cos brazos abertos na SD.

Benvido e sorte a túa nova casa Alex!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Parabén mamá Laura!!

Dende a SD Tordoia queremos felicitar a Laura García, xogadora do noso Femenino, que o pásado sábado foi mamá! Tamén darlle a benvida a un novo membro da familia da SD como é Lucas que xa non quixo perderse a final da copa do domingo do noso Senior A !!
Noraboa os pais e benvido Lucas!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Xornada de portas abertas!!

Recordade que mañán día 29 celebrarase na Rega (Tordoia) un adestramento a portas abertas para todas aquelas xogadoras que queiran coñecer o noso clube e a forma na que traballa o noso equipo Femenino.
Comenzará sobre ás 21:00 e rematará ás 22:30.

Se estás interesada deberás de cubrir o formulario que compartimos a continuación!

https://forms.gle/9o4uiF9iTmKQirdo8

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Entrevista!!

Hoxe a partir das 20:20 entrevista no Punteirolo a Óscar Golán Presidente do noso clube xunto con Jorge Liñares e Dani Calvete, capitán e mister respectivamente do Senior A

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Campeóns!!!

💛🖤🐝Campeóns🐝💛🖤

Unha final competida pero o final a copa ven con nos pa Tordoia.

Esperamos a toda a afición na praza do Concello porque hoxe deste un lección de como levar o noso equipo a victoria.
Moitísimas gracias!!!

Hoxe máis que nunca

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Vamos afición!!

    💛🖤💛🖤💛🖤💛🖤💛🖤💛🖤

‼️‼️Hoxe ás 19:00 ⌚ no 🏟️ de Santa Isabel‼️‼️

Chegou o gran día 🏆🏆🏆, o día que levamos esperando tanto tempo, o día na que nos citamos ca historia do noso clube!!

Hoxe como en citas anteriores desta entidade, a afición ten que volver a levar o equipo en volandas!!
Desde o primeiro minuto temos que demostrar o noso alento, por eso vos pedimos que desde o quecemento a xente xa estea no campo para que os nosos xogadores sintan que non van estar sós.

🟡⚫💪VAMOS AFICIÓN💪🟡⚫

Recordade que hai un autobus a disposión da afición que sairá ás 17:45 da Praza do Concello.

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Gran final!!

🖤💛🖤💛🖤💛🖤💛

🏆🏆COPA DO SAR🏆🏆

⚽️⚽ FINAL ⚽️⚽

Domingo 26 Junio🗓
19:00 horas ⌚️
Santa Isabel 🏟

No fútbol hai recordos bonitos, recordos irrepetibles, recordos inolvidables….e o ano do noso 40 aniversario pode convertirse nun deses recordos!!
Mañán temos unha cita histórica para o noso clube e para o noso Senior A, por primeira vez pódese facer realidade o soño de gañar a Copa do Sar pero para elo non podemos estar sós
‼️‼️PRECISAMOSTE A TÍ, PRECISAMOS DA NOSA AFICIÓN‼️‼️

Dende o clube facilitaremos un bus de 55 prazas que sairá ás 17:45h da Praza do Concello para tod@ aficionad@ que desexe asistir!!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝