O noso entrenador, Dani Calvete, non continuará ocupando o banco de Santaia a vindeira tempada.
Chega un día triste, no que só podemos decir:
Moitas gracias, mister!!!
O teu paso pola S.D. Tordoia deixa un gran impacto. O teu carácter cercano e o teu compromiso ganouse o respeto de toda a xente que rodea a S.D. Tordoia.
Seguramente unha das despedidas máis duras dos últimos anos.
Sempre ocuparás un lugar especial no noso clube e esta porta sempre estará aberta para ti e a túa familia.
Entre todos, afición, directiva, xogadores…intentaremos axudarlle a salir pola porta grande e poder despedilo levantando a tan ansiada Copa do Sar!!
Eternamente agradecidos
#SonDoTordoia 🟡⚫🐝
