Lamentablemente non todo son boas noticias, pois na tarde de onte, cando chegamos a Santaia para preparar o partido do Senior A, atopámonos con esta sorpresiña… Os amigos do alleo decidiron facernos unha visita e roubarnos o cable de cobre da luz e incluso cortaron outros cables que non lle interesaron o ser de aluminio, deixándonos sen luz no campo e sen marxen de maniobra para preparar o partido.
Afortunadamente, queremos agradecer o Concello de Tordoia pola súa rápida colaboración, prestándonos un xenerador que nos permitiu poñer todo a punto.


