Santi Cambón será o encargado de dirixir a nave 🟡⚫🚀 do noso Senior A durante a tempada 2022/2023.
Santiago Cambón Mariño (Baldaio – Carballo, 1980) toma as rendas do Senior A da SD Tordoia, iniciando así unha nova etapa para o equipo.
Santi, chega a Santaia coas pilas ben cargadas para facer un gran papel nesta liga tan igualada e bonita que nos vén. Seguro que traballo e ilusión non nos falta 💪
A súa experiencia nos banquiños das categorías inferiores do Bergantiños e Laracha, así como o gran traballo feito na súa etapa no San Lorenzo, son o seu aval como adestrador.
A túa sorte será a nosa! Benvido a Tordoia 💛🖤
SonDoTordoia 🟡⚫🐝
