O domingo na festa anual do soci@ contamos con un convidado especial. Trátase de unha persoa que aló polo 1996 visitou Tordoia, como xogador profesional de fútbol, para dar unha charla no colexio e para asistir a unha comida cos xogadores e directivos que naquel momento pertencian a SD Tordoia (algúns deles siguen vinculados o club, como xogadores, como directivos e como corpo técnico). E que pasa cos de fora cando descubren Tordoia? Que a priori nadie é do Tordoia pero así que nos conocen nadie se esquence de nós. Pois ben este xogador convertiuse en aficionado, preocupase por saber como nos vai e alegrase cos nosos éxitos. O domingo tivemos a enorme honra de contar con José Ramón Gonzalez Perez xogador entre outros do Deportivo da Coruña.
Atendendo a frase feita de que a “historia tende a repetirse” descubrimos que hai certos paralelismos entre a Copa do Sar que gañamos fai 1 mes e a Copa do Rey que él levantou co Deportivo fai 27 anos: nos dous casos foi o primeiro título masculino do clube, nos dous casos foi unha copa, nos dous casos foi a despedida dun gran entrenador. Como él nos dixo a “alegría seguro que foi a misma porque os sentimentos non entenden de categorías”.
Na foto está acompañado polo Alcalde de Tordoia (Toni Liñares) a concexala de Deportes de Tordoia (María García) e o noso presidente (Oscar Golán). Como sempre o Concello de Tordoia e o clube camiñan da man asique nun día tan importante non podían faltar. Aproveitamos para agradecerlles unha vez máis públicamente a súa labor toda a tempada e especialmente a súa colaboración na celebración deste 40 Aniversario.
#SonDoTordoia 🟡⚫🐝
#40aniversario
