Fundadores!!

Este ano, aproveitando o 40 aniversario, na festa do soci@ quixemos homenaxear as persoas que fundaron o clube e os presidentes/a que tivo o largo destos anos.
O 14 de xuño de 1982, foi un luns de fai 40 anos, no que un grupo de homes de Tordoia acudiron o Notario de Ordes a firmar a Acta de Constitución da Sociedad Deportiva Tordoia. Esa foi a primeira pedra deste proxecto, polo que logo tiveron moito que loitar. Nas fotos podedes ver os socios fundadores que nos acompañaron domingo e os familiares dos que xa non están. Subiron o escenario: Amadeo Cancela Fariña, Manuel Regueiro Regueiro e José Santos Villaverde; en nome de Antonio Pereiro Liñares o seu neto Rodrigo Pereiro, en nome de Manuel Pereiro García a súa sobriña Nieves Pereiro, en nome de Francisco Pereiro Castro o seu neto Pedro Muiño e en nome de Antonio Liñares Fraga o seu fillo Sergio Liñares. O domingo non puido asistir José María Cancela Fariña nin ningún familiar de José García Cebey nin José Antonio Garcia Rey
O longo destes 40 anos o clube contou cun total de 14 presidentes/a. Estas persoas foron durante os seus mandatos a cara visible do club xunto ca dos xogadores e entrenadores. Recoñecemos o seu traballo, ese que non se ve pero que é tan necesario, e facemolo extensible os directivos/as que tivo o club xa que é imposible nombralos a tod@s. Hai 3 presidentes que foron tamén fundadores e que son Amadeo Cancela Fariña, Manuel Regueiro Regueiro e José Santos Villaverde. Os outros presidentes do club foron: Anibal Costa Señaris, Ana Juncal Pena, Manuel Juncal Castro, José Antonio Costa Calviño e Óscar Golan Muiño. Polos que xa non están subiron Xian Gesto neto de Benigno Cancela Fariña e Alba Costa filla de Ángel Costa Fraga. Ese día non estiveron nin José Suarez Iglesias, nin José Cancela Fariña nin ningún familiar de Antonio Lozano Lozano.
Queremos que o detalle entregado sirva como agradecemento a tod@s por non rendirvos nos momentos difíciles, xa que sin eles hoxe non seriamos o que somos.

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝
#40Aniversario

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s