Penúltimo partido amigable do noso Senior A que xoga este xoves ás 21:00 fronte o San Lorenzo no campo Manuel Juncal. Xoga tamén o noso Senior B viernes ás 21:30 fronte o Vila de Ordes no campo Manuel Juncal, mentres que o noso Feminino visita o mesmo día o campo Dani Mallo para medirse o Sporting Cambre.
Nando Muiño Fisioterapia porá en marcha o q será o primeiro “título” da tempada.
O vindeiro domingo 4 de Setembro ás 18:30 horas, no campo da Fontenla en Santa Comba disputarase a “Supercopa Costa-Sar” entre a SD Fisterra, campeón da Copa da Costa, e a SD Tordoia, campeón da Copa do Sar.
A organización é coordinada por @nandomuinofisioterapia , en colaboración co Xallas FC e o Concello de Santa Comba.
Queremos que sea un día de festa e para elo xúntanse dous grandes equipos e dúas grandísimas aficións. Non o esquenzas: Domingo 4 de Setembro ás 18:30 na Fontenla – Santa Comba
Terceiro partido amigable do noso Senior B que domingo viaxa ata o campo de Os Ríos para enfrontarse ás 20:00 o Suevos. O noso Femenino xoga tamén o domingo o longo de toda mañá o Torneo memorial Manuel Fernández Faraldo no que se medirá o equipo organizador o Orzán e o outro equipo invitado o Val na Cidade Deportiva da Torre.
O pasado venres previo o primeiro partido amigable que disputou o noso equipo feminino fronte o Victoria B, as nosas rapazas deronlle un pequeno agasallo a Laura García pola súa recente maternidade e a Lucas que puido disfrutar vendo o seu primeiro partido na Rega!! Oxalá moitos máis motivos coma este!!
Seguimos avanzando ca pretempada. desta volta o noso Senior A xoga este venres ás 21:00 fronte o Carral no campo Manuel Juncal. Debuta tamén o noso Femenino ás 21:00 fronte o Victoria B no campo da Rega de Cabaleiros.
Hoxe na sección «THANK YOU SPONSOR» queremos agradecer a colaboración co noso clube de Mudanzas David situada en Santiago. Servicio de mudanzas e transporte de enseres, tanto para fogares como para oficinas a calquer punto de España, con persoal especializado en montaxe e desmontaxe de mobiliario. Dispón de servicio de gardamobles para usar como trasteiro ou almacenamento de arquivos. «Porque para calquer tipo de mudanza, Mudanzas David é a túa empresa de confianza»
Mañan mércores ás 21:15 o noso Senior B disputa o seu segundo partido amigable contra o Queixas no campo Manuel Juncal para seguir collendo boas sensacións de cara a tempada 22/23.
Na tarde-noite deste pasado venres, o noso sénior B xogaba o seu primeiro partido amigable da pretempada e na previa do mesmo, o plantel quixo agradecerlle a dúas persoas fundamentais para o equipo, como son Brais Calviño e Amador Conde, o seu labor encomiable durante toda a pasada tempada
Dende aquí, tamén queremos darlle as grazas a Amador e a Brais, posto que coa súa axuda e o seu traballo desinteresado, fan que as cousas sexan máis fáciles e sobre todo, fan que os proxectos se convirtan nunha realidade
Non nos podemos esquecer da @sdcastriz á cal temos que agradecerlle todas as facilidades que nos deron para desprazarse ata o noso Manuel Juncal para xogar este amigable e, por suposto, desexarlle a maior das sortes nesta nova tempada na que agardamos que acaden os obxectivos marcados Katia Cruz