Partidos!!

Este fin de semana xogan os nosos catro equipos.
Sábado debutan os nosos veteranos visitando ás 20:00 o campo do Sergas para enfrentarse o Victoria Caminante.
Domingo ás 12:30 o Femenino xoga contra o At. Arousana no campo da Rega, ás 16:30 o Senior B viaxa ata o campo do Milladoiro para medirse ó Biduido mentres que o Senior A xogará ás 17:00 contra o Calo no campo Manuel Juncal.
Moita sorte a tod@s!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Fichaxe!!

🚨🐝✍️ FICHAXE ✍️🐝🚨

Lydia Verdía Varela (12/08/2000, Ponteceso) reforza a portería do noso equipo Femenino.

Esta gardamallas caracterízase polo seu gran xogo de pés así como polos seus rápidos reflexos, ademáis de transmitir gran seguridade.
Chega a Tordoia logo de xogar en equipos como Bergantiños, Portazgo ou Cerqueda.
Benvido e sorte Lydia!!

#SonDoTordoia ⚫🟡🐝

Fichaxe!!

🚨🐝✍️ FICHAXE ✍️🐝🚨

Leticia Castro Calviño (10/10/1993, Tordoia) volve a casa para reforzar o noso equipo Femenino, logo duns anos sen competir.

Esta xogadora que pode actuar en calquer posición defensiva, caracterízase pola súa contundencia, o seu bo xogo aéreo e por ser moi difícil de superar no un contra un, ademais de ter un gran golpeo de balón.
Benvido e sorte a túa casa Lety!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Fichaxe!!

🚨🐝✍️ FICHAXE ✍️🐝🚨

Javier Juncal Vazquez (11/03/2001, Ordes) novo fichaxe para o noso Senior B.

Este xogador que pode actuar tanto de lateral como de interior caracterízase polo súa rapidez e seguridade co balón, con desborde e difícil de superar.
Recae en Tordoia logo de militar en equipos como o Visantoña e o Ordes.

Benvido e sorte Javier!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Partidos!!

Volve outro domingo de fútbol con tres dos nosos equipos disputando partidos.
A primeiro partido disputarao ás 17:00 o noso Femenino fronte o Victoria B no campo de Santa Isabel. Ás 17:30 xoga o noso Senior A contra o Esteirana no campo Xosé Luis Vara mentres que o Senior B xoga ás 18:00 contra o Victoria no campo do Sergas.
Sorte os tres!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Fichaxe!!

🚨🐝✍️ FICHAXE ✍️🐝🚨

Brais Calviño Cancela (22/09/1996, Tordoia) reforza o noso Senior B logo duns anos parado.

Este xogador que pode actuar tanto de central como de mediocentro caracterízase polo seu gran dominio de balón, a súa visión de xogo e por estar sempre onde se precisa. Por eso seguro que nos vai aportar moito esta campaña.
Benvido de novo e sorte Brais!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Colaborador!!

Hoxe na sección «THANK YOU SPONSOR» queremos agradecer a colaboración co noso clube de @ekate_tiendas situada en Ordes.
Tenda de roupa e calzado multimarca onde poderás encontrar unha amplia gama de productos das mellores marcas, e donde recibirás un trato amable e un gran servizo do seu persoal.
«Ekaté é a mellor tenda da comarca, se buscas roupa ou calzado de boa marca»

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Ánimo Alex!!

No partido deste domingo do noso Senior A no campo Manuel Juncal, realizouselle un pequeno homenaxe a Alex Costa, xogador do primeiro equipo e que sufriu unha grave lesión de rodilla a espera de ser intervido.
Moito ánimo Alex pronto estarás de volta e recibiremoste cos brazos abertos!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Gañadores do sorteo!!

Gañadoras dos sorteos dos partidos de liga disputados onte entre o Femenino e Sporting Cambre e o Senior A e o Cidade de Ribeira respectivamente!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝