Partidos!!

Achegase outro fin de semana máis cheo de partidos, primeiro xogará o noso Senior B no Campo da USC fronte o Racing San Lorenzo o sábado ás 17 h, tamén o sábado ás 17 h xogarán os nosos veteranos fronte o Melide no Campo Municipal de Melide.
Xa o domingo contamos cos partidos na casa, para comezar teremos ao Senior A no Manuel Juncal ás 12:30 h enfrontándose co SD Negreira e posteriormente ás 17 h xogará a femenino contra o Orzán SD na Rega.
Vense un finde cargadiño, valo perder?

A por todas

Ánimo Eva!!

No partido de hoxe do noso Femenino, realizouselle un pequeno homenaxe a Eva, xogadora do equipo e que sufriu unha grave lesión durante un adestramento, que lle fará perderse gran parte da tempada.
Moito ánimo Eva pronto estarás de volta con todas as túas compañeiras!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝