O entrenador do Tordoia B, David Castro, decidiu non continuar dirixindo o equipo a vindeira tempada. É unha noticia triste xa que vaise do club un dos nosos. Unha persoa que apostou por un proxecto que non existía e que acabou convertindoo nun éxito sin precedentes na sección masculina do clube, xa que nos fixo campeóns de liga. David, só nos queda desexarche moita sorte e recordarche que aquí tes a túa casa e sempre terás as portas abertas.
