Club

A Sociedade Deportiva Tordoia é una entidade deportiva con case 35 anos de historia que ten como principal obxectivo o fomento dos valores deportivos e da competición entre os veciños do municipio que lle da nome.

Ao largo da súa existencia, a S.D. foi evolucionando, dende o seu escudo aos campos nos que foi celebrando partidos como local e, por último, no número de equipos que participan en diferentes categorías.

Na actualidade é un clube económicamente perfectamente saneado, que conta con case medio millar de socios e 145 deportistas federados, a maioría deles menores de 18 anos. O Tordoia está a rexistrar os mellores resultados deportivos da súa historia. A directiva segue traballando na consecución de novos triunfos e formación dos equipos do fútbol base, basados na xestión sostible dos recursos humanos e económicos cos que conta a S.D. co apoio de patrocinadores, colaboradores e o Concello.