Femenino

Dende 2008 a Sociedade Deportiva Tordoia conta con unha sección femenina de fútbol. O proxecto, que combina maioritariamente xogadoras da zona, consolidouse inmediatamente grazas a ter un grupo moi unido e aos sucesivos ascensos acadados.

Tras a súa creación na tempada 2008-09 o Tordoia Femenino militou durante seis anos en 2ª Autonómica Galega ata que na campaña 2013-14 conseguen  posicionarse no máis alto da clasificación, ó que lle daría o ascenso a 1ª Autonómica con datos de récord con 104 goles a favor e únicamente 9 en contra e o casilleiro de derrotas a cero.

Na tempada 2014-15, logo de acadar o segundo posto na clasificación con 65 puntos (sólo  por detrás do At.Arousana con 70 puntos), un equipo da S.D. Tordoia logra, por primera vez na historia, un increíble ascenso a Segunda División Nacional. Nesta división, a pesar de ser unha experiencia desconocida nunha liga de máxima exixencia, na súa primeira campaña no Grupo 1 de Segunda División Nacional mantería a categoría, conseguindo a permanencia para incredibilidade de algúns e perplexidade de outros, e convertíndose durante tres tempadas consecutivas no equipo revelación.

Tamén cabe mencionar, durante este período, a súa participación en tres finais da Copa Femenina Galega, nos que se acadou un moi meritorio segundo posto (tempadas 13/14, 14/15, 15/16).

11145014_1139741629388191_7662257638302340996_n

Na tempada 16/17 volveu comezar de cero unha competición esixente, na que obxetivo sempre sería a permanencia. Unha permanencia que non sería conseguida, con moitas baixas durante a tempada por diversas causas.

Clasificación AFempng

No curso 17/18, na Primeira Autonómica Galega, o obxetivo sempre era facelo o mellor posible, e se se podía voltar a competición de máximo nivel, pois mellor que mellor. Sen embargo, logo dun ano de transición pola marcha de xogadoras importantes e sufrir moito nesta categoría, deuse o caso contrario e o equipo sufriu un novo descenso a 2º Autonómica Galega causado polos arrastres.

Na actual tempada 2019-20, o equipo milita en 2º Autonómica Galega pelexando polos postos altos da clasificación e intentando voltar as categorías superiores nas que merece estar.

IMG_1674

Arriba de esquerda a dereita: Marta(medio), Ana Fuentes(medio), Maria(defensa), Paula(defensa), Vero(defensa), Ana Santos(defensa), Nerea(defensa), Sara(medio), Lucía(porteira)

Medio de esquerda a dereita: Amador(diretivo), Chechu(diretivo), Alfonso(diretivo), José(diretivo), Casti(diretivo), Jaime(adestrador), Bruno(adestrador), Susana(diretivo), Pepe(diretivo), Pepe(diretivo), Lamas(diretivo)

Abaixo de esquerda a dereita: Leti(defensa), Laura García(medio), Miriam(medio)  Laura Mata(medio), Carla(medio), Sele(medio), Andrea(medio), Ana(defensa), Raquel(delantera), Leti Peke(medio)

Faltan: Rebeca(delantera)